Un mural para a memoria na residencia Virxe do Xurés en Lobios polo Día das Letras Galegas

A iniciativa conxunta da Fundación San Rosendo e La RegiónExperiencia Activa —enfocada en promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores— desenvolveu na residencia de maiores de Lobios Virxe do Xurés unha serie de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas.

Á entrada do inmoble, un cartel anuncia que “cada engurra garda unha historia que merece ser contada”. É o preámbulo das anécdotas de quen acumulan recordos e fan da tenrura un oficio. Reunidos en torno a un mural realizado polas enfermeiras Laura Quintas e Soraya Feijóo, coa axuda dos maiores, as sanitarias colocaron palabras habituais na súa nenez polas cales os anos non fixeron ningún tipo de mella por permanecer tan útiles para describir momentos.

Leer noticia completa en La Región.