Os maiores da Residencia de Nuestra Señora de la Salud da Peroxa, da Fundación San Rosendo, homenaxean a Francisco Fernández del Riego polo Día das Letras Galegas.
No vestíbulo do edificio, varios voluntarios esperan inquedos o seu turno de ler un anaco da historia do día 17 de maio. Marina Nóvoa é a primeira en saír ao estrado: un mural de cartulina vermella coa foto de Francisco Fernández del Riego, bandeiras galegas, e outros recortes. “O día celébrase en honor á primeira publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro”, explica Marina, seguindo a folla de esquerda a dereita. Vanesa Villar, a súa educadora social, preséntaa: “Marina sempre nos trae todas as novas”, como o seu nome indica. A usuaria asinte: “Leo o xornal tódolos días, encántame, hai que coñecer as noticias” e asegura non perderse unha ós seus 86 anos.