Entrevista Roberto Fernández: «O espírito do Banco de Lembranzas é comprender aos internos»

No 2014, a Fundación San Rosendo en colaboración co xornal La Región puña en marcha o Banco de Lembranzas, unha iniciativa que se enmarca dentro do Proxecto Experiencia Activa. O seu artífice é o médico de familia Roberto Fernández.

Cal é a súa labor na Fundación?
Son colaborador da Fundación San Rosendo como profesional médico pero sobre todo participo con eles neste proxecto do Banco de Lembranzas. Encárgome do deseño das entrevistas, na pilotaxe do proxecto para visualizar as gravacións ou ver que novos elementos podemos incluír nas entrevistas ou suprimir porque non son operativos.

Que é o Banco de Lembranzas?
É unha especie de videoteca que elaboramos a base de pedirlle ás persoas maiores das residencias que falaran da súa biografía. Fixemos «historias de vida» sobre eles. Este é o termo técnico. Estamos en proceso continuo de elaborar un fondo documental o máis amplo posible para a súa utilización en varias facetas e que nos permitan mellorar a calidade de vida das persoas. Por exemplo, entregando estas gravacións aos seus familiares se as reclaman cando eles morran. Hoxe en día temos 111 historias de vida, cunha media de 15 minutos de duración, aínda que aspiramos a moito mais.

Cales son os obxectivos?
Son múltiples. O obxectivo a máis curto plazo é coñecer as claves da conduta das persoas maiores; é dicir, porqué se comportan así. Está demostrado que entrevistalos sobre a súa biografía lles pode axudar a mellorar a orientación e facer que, no caso de que esté iniciando unha demencia, a perda de memoria sexa máis lenta. Ademais, amosar interés polas vivencias desa persoa mellora o seu estado anímico; é dicir, a xente maior ponse contenta cando se sinte protagonista do seu relato. Neste sentido, a implicación do coidador e a calidade dos coidados é mellor se se ten información biográfica sobre eles.

E a longo plazo?
Somos un pouco ambiciosos e queremos xerar unha gran base de datos que nos fale da memoria de toda unha xeración. Ademais dunha xeración moi importante porque foi a que deu o salto dun estilo de vida medieval a outro tecnolóxico. Saber cousas sobre as persoas permítenos contemplalas como seres humáns e non simplemente como seres pasivos aos que hai que coidar. Que nos conten a súa biografia permítenos entendelos. Este é o principal obxectivo e o espírito do Banco. Tódolos outros, sendo moi importantes, comparados con poder comprender intimamente os nosos internos, son secundarios.

E como xorde o Banco?
Xorde hacia o 2014 na residencia Santa Marta, que pertenece á Fundación San Rosendo, de Santa Cruz de Arrabaldo, a partir da observación de que a xente disfruta contando cousas da súa vida. Ademais, descubrimos que facendo pequenos cambios que eles mesmos nos suxiren conseguimos que estean máis contentos. Observando isto, fixemos unha búsqueda bibliográfica e vimos que efectivamente as gravacións de historias de vida poden aportar estes beneficios e decidimos facer un proxecto programado elaborando guións de entrevistas e entrenando aos entrevistadores. Na actualidade, tamén participan as residencias Divino Maestro, Os Gozos, La Esperanza, Nuestra Señora del Socorro, Nuestra Señora del Mundil, Nuestra Señora de las Nieves e Nuestra Señora de la Salud, pero a idea é amplialo a todas as residencias.

Cal é o perfil dos participantes?
Hai uns criterios de inclusión e outros de exclusión. Incluimos aquelas persoas que non teñan un deterioro cognitivo ou ben a súa demencia é de grao leve porque xa cando é moderado ou avanzado non son capaces de construír un relato coherente. Curiosamente, todas as persoas internas queren colaborar porque lles gusta contar a súa vida e, sobre todo, que se interesen nela. Non tivemos ata o momento ninguén que puxera calquera tipo de obxección. Fano con sumo gusto.

Que historias contan?
Moi ricas e variadas en vivencias, onde vemos todo tipo de epopeas. Hai moito drama porque intervén un factor común a todos eles como é a emigración. Tamén moito humor porque son xente que aínda conservan a capacidad de ironizar, o que chamamos a retranca. Hai etapas que deixan un poso de nostalxia como é a formación da familia, contando como naceron os seus fillos e en que condicións os criaron. Historias laborais, de dificultade como por exemplo de desempeñar o oficio noutros países onde non coñecían o idioma. Logo, elementos biográficos que nos poden dar pistas de como certas cousas poder influir favorecendo a demencia e estilos de vidas que poden influir protexendo o seu deterioro cognitivo.

Que tipo de preguntas se lles fan aos internos?
Son preguntas abertas para que a persoa se poida expresar libre e espontaneamente. Cando xa se agotou o discurso espontáneo, conducimos a entrevista por diferentes tópicos como a infancia, a etapa escolar, a que se adicaron, a primeira relación amorosa, a emigracion se a houbo, as súas preferencias alimentarias ou enfermidades ao longo da súa vida. As gravacións vanse fancendo á medida que se van incorporando internos que cumplen cos criterios de inclusión.

Quen se encarga de facer as gravacións?
Son os propios empleados que teñen a formación de Traballo Social porque eran os máis formados para esta labor. Incidimos que fosen os mesmos que organizan os talleres de actividades porque establecen cos maiores unha relación estreita que fai que teñan máis facilidade a hora de contar cousas.

Leer entrevista en La Región