info@fundacionsanrosendo.es · 988 366 086

Encuentros intergeneracionales en la residencia de Cea

En la residencia A Saleta de Cea se desarrolla desde hace años un programa de actividades intergeneracionales con los más pequeños de la localidad, en colaboración con el Concello de Cea. Rosana Bernárdez, animadora sociocultural, nos habla de este proyecto:

“Dende o Servizo de Educación Familiar e Animación Sociocultural do Concello de San Cristovo de Cea, vense desenvolvendo dende fai xa 9 anos, a acción “Encontro entre cativos e maiores da Residencia a Saleta de Cea”.

Hoxe en día é moi frecuente que as persoas maiores teñan como única oción ir a vivir a unha residencia. Outra realidade é que o internamento nunha residencia para a terceira idade trátase dun cambio importante na vida de moitos dos nosos maiores. Para a meirande parte dos que pasan por esta experiencia, trátase dunha nova situación descoñecida para eles. É por isto que se perfila como fundamental, facer que este cambio sexa o máis normalizado posible, e sobre todo que este novo espacio e forma de vida sexa recoñecido como propio, no que se poden desenvolver como persoas activas e válidas.

Por todo isto, dende o Servizo de Educación Familiar do Concello de Cea valorouse como interesante implementar diferentes actividades ó longo do ano dentro da Residecia A Saleta, convertendo en participantes activos aos seus usuarios/as. Esta iniciativa nace co obxetivo de achegar os cativos e cativas do Municipio ó grupo da terceira idade e establecer unha interacción positiva entre ambas xeracións. Con todo isto preténdese:

1.Fomenta-la comunicación, a amizade e as relacións interpersoais entre os e as residentes e os nenos e nenas.

2.Dinamiza-la vida dos e das residentes.

3.Favorece-la aparición do sentimento de pertenza a un grupo.

4.Favorecer o crecemento e o desenvolvemento persoal e social de tódolos maiores da residencia, no microsistema social no que viven.

5.Reforzar e potencia-las habilidades dos e das residentes.

6.Estimular determinadas funcións e habilidades cognitivas.

7.Enlentece-la progresión do deterioro dalgunhas funcións cognitivas.

8.Ofrecer unha alternativa para o ocio e tempo libre dos maiores e cativos.

9.Mellorar o estado de benestar e autoestima dos participantes.

Por outra banda, tamén se pretende con estes encontros, a concienciación dos máis pequenos acerca do bo trato ás persoas maiores, promovendo valores como o respeto cara eles, a empatía, entre outros, así como darlles a coñecer como é a súa vida nunha residencia da terceira idade.

En cada encontro celebrado sempre en Semana Santa, nunha xornada matutina (3 horas aproximadamente), téñense levado a cabo diferentes actividades, como xogos e dinámicas de presentación, obradoiros e talleres, coloquios entre cativos e maiores (experiencia profesional dos maiores, historias de vida, etc.), representacións teatrais, maxia, música e baile, visionado de películas, elaboración de murais e animación á lectura.

Un dos datos a destacar en canto ó desenvolvemento dos mesmos, é que moitos dos nenos e nenas que participaron no primeiro encontro, repetiron ano tras ano, moitos deles comezando con 6 anos de idade, e tendo xa neste último encontro 14/15 anos. Verdadeiramente os obxetivos plantexados dende o primeiro encontro, foron acadados, e os resultados da experiencia realmente son moi satisfactorios para todos os axentes implicados”.

Rosana Bernárdez Peña

Educadora familiar e animadora sociocultural